Fervenza das Hortas
Fermosa caída de auga de 30m de altura
A fervenza das Hortas é un dos límites naturais entre os concellos de Arzúa e de Touro. Consta de dúas caídas de auga, en gneis mesturados con cuarcita, duns 30 metros de altura, do Regato de Saímes (segundo o libro Augas caídas. Fervenzas de Galiza).
Na súa parte alta atópase o muíño dos Agra, sito no lado de Touro.
Tamén é coñecida polo nome de Fervenza de Santa Marta , debido a unha lenda que ten asociada:
A veciñanza ía moer ao muíño, e conta a historia que unha rapaza quedou embarazada do seu mozo, e este dixo que non a quería. Unha noite de muiñada, o mozo empuxouna pola fervenza, e mentres caía, ela dixo “Santa Marta me vaia!”, e parou a caída un carballo que na fervenza estaba, salvándoa milagrosamente.
Capela de Fonte Santa
Construída no século XVIII, de planta rectangular e realizada con pedra de cascallo, é representación típica do templo rural galego.
Couto do Torrente
O banco máis bonito de Arzúa
Encoro de Portodemouros
Ubícase no río Ulla. O encoro data do ano 1968, momento no que se constrúe tamén a central hidroeléctrica.
Museo vivinte do mel. O Enredo do Abelleiro
O Museo foi fundado en 1994 e nel realízanse obradoiros de apicultura, candeas e envasado para grupos.
Muiño dos Agra
Antigo muiño de auga en funcionamento a carón dunha fermosa pequena fervenza.
Fervenza das Hortas
Fermosa caída de auga de 30m de altura