Descobre Arzúa
Historia, Cultura e Patrimonio
Descobre Arzúa
Historia, Cultura e Patrimonio

Fervenza das Hortas
Fermosa caída de auga de 30m de altura

Capela da Mota
Capela do século XVIII- XIX, situada ao carón do Camiño do Norte, consta dunha carballeira e un cruceiro nas proximidades.

Capela de Fonte Santa
Construída no século XVIII, de planta rectangular e realizada con pedra de cascallo, é representación típica do templo rural galego.

Capela da Magdalena
Pequena capela pertencente ao desaparecido convento de agostiños fundado no século XIV.

Fonte da Quenlla
Fonte de auga nas proximidades do Castro Curbín, cunha lenda asociada na que podemos ver a pervivencia dos cultos pagáns na tradición oral galega.

Monumento ás queixeiras
Unha lembranza ao traballo tradicional que realizaban as mulleres da Comarca: a elaboración artesanal e venta de queixos

Castro Curbín
Castro situado a escasos 2 quilómetros do centro da vila, mostra un claro perfil circular que nos indicaría a existencia de murallas defensivas.

Ponte e área recreativa de Ribadiso
Conxunto dos séculos XIII- XIV, formado polo último hospital de peregrinos do Camiño francés e unha ponte de orixe medieval

Museo vivinte do mel. O Enredo do Abelleiro
O Museo foi fundado en 1994 e nel realízanse obradoiros de apicultura, candeas e envasado para grupos.

Centro de divulgación do queixo e do mel
O centro naceu co fin de potenciar e poñer en valor dous produtos de especial significación: o queixo e o mel

Museo Etnográfico A Paínza
Situado na casa principal, dentro do conxunto de turismo rural A Paínza

Tenda Museo do Coiro
Fábrica e tenda de obxectos confeccionados en coiro, que ademais funciona como museo.

Praia fluvial de Ribadiso
Un gran número de pontellas por encima do río crean unha fermosa paisaxe.

Encoro de Portodemouros
Ubícase no río Ulla. O encoro data do ano 1968, momento no que se constrúe tamén a central hidroeléctrica.

O Mercado
Todos os 8 e 22 de cada mes, dende as 8:00 ata as 14:00 horas, celébrase en Arzúa un mercado, a feira quincenal.

Couto do Torrente
O banco máis bonito de Arzúa

Muiño dos Agra
Antigo muiño de auga en funcionamento a carón dunha fermosa pequena fervenza.

Casa da Cultura
A Casa da Cultura sitúase no edificio que foi o Cárcere do Partido. No mesmo edificio están a Escola municipal de música e o Conservatorio.

Casa do Concello de Arzúa

Igrexa parroquial de Santiago de Arzúa
Situada na praza principal da vila, foi edificada no lugar que ocupou anteriormente unha igrexa de dimensións inferiores. A torre pertence á antiga igrexa, xa q

Centro histórico de Arzúa
Pérdete polas nosas rúas

Fonte Salaeta
Arzúa da a benvida aos peregrinos ca auga refrescante da Fonte Salaeta

Paseo de carballos Da Mota
Un grupo de carballos alíñase ao longo da estrada, unindo os lugares da Igrexa co da Mota