Descobre Arzúa

Historia, Cultura e Patrimonio

Castro Curbín

Castro Curbín

Castro situado a escasos 2 quilómetros do centro da vila, mostra un claro perfil circular que nos indicaría a existencia de murallas defensivas.

O castro está ubicado no monte de A Roda, conserva a súa fisonomía castrexa, coa forma circular da muralla e o espazo do foxo. O castro data do século VI a.c., finais da Idade de Bronce.

A forma do castro está remarcada cun valado de madeira. Actualmente é utilizado como lugar de esparcimento cunha carballeira e un merendeiro.

Este ben está xunto coa Fonte da Quenlla, que se atopa no entorno do castro.