O Camiño de Santiago por Arzúa
O Mercado
Todos os 8 e 22 de cada mes, dende as 8:00 ata as 14:00 horas, celébrase en Arzúa un mercado, a feira quincenal. Trátase dunha cita que recolle o mellor dos produtos agroalimentarios (verduras, queixos e lácteos, carne…), do sector floral e do téxtil entre outros. Tampouco pode faltar o polbo para rematar a xornada como é tradición.
ESPAZO CENTRAL:
- Feiras mensuais os días 8 e 22
- Feira Ecolóxica
- Xuntanza dos nosos maiores
- Cabalgata de Reis
- Desfile de Entroido
- Feira Arzúa Vende
- Diversas actuacións e actividades culturais e deportivas
AULA 1:
A aula serve como local para cursos e obradoiros de diversas asociacións.
AULA 3:
A aula acolle as sesións de ximnasia organizadas pola Concellería de Deportes do Concello e as sesións do Obradoiro Municipal de Danza do Departamento de Cultura. Tamén serve como local para cursos e obradoiros de diversas asociacións, así como para actividades culturais organizadas polo Concello de Arzúa.
No verán o CIM organiza nesta aula a ludoteca do programa Concilia con Xogarzúa.
AULA 4:
A aula acolle as sesións de ioga organizadas pola Concellería de Deportes do Concello e serve como local para cursos e obradoiros de diversas asociacións.
COCIÑA:
Ao longo do ano, acolle diversos cursos de cociña organizados polo Concello de Arzúa e por diversas asociacións culturais.
Pódese solicitar o uso destes espazos contactando previamente co Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, sempre e cando a solicitude a realice unha entidade sen ánimo de lucro.