O Camiño de Santiago por Arzúa

Paseo de carballos Da Mota

Paseo de carballos Da Mota

Un grupo de carballos alíñase ao longo da estrada, unindo os lugares da Igrexa co da Mota

O paseo de carballos da Mota foi realizado nos anos cincuenta do século XX. Un grupo de carballos alíñase ao longo da estrada, unindo os lugares da Igrexa co da Mota. No seu inicio hai outro camiño que leva ás Buratas (Boimorto).

Ao parecer, a carballeira da Mota xurdiu grazas á veciñanza. Así, dise que cando un pai non quería que o seu fillo fóra ao servizo militar, plantaba un carballo; se este prendía, significaba que non tería que ir.