O Camiño de Santiago por Arzúa

Ponte e área recreativa de Ribadiso

Ponte e área recreativa de Ribadiso

Conxunto dos séculos XIII- XIV, formado polo último hospital de peregrinos do Camiño francés e unha ponte de orixe medieval

Conxunto dos séculos XIII- XIV, formado polo último hospital de peregrinos do Camiño francés e unha ponte de orixe medieval. Actualmente sitúase neste hospital o albergue público de peregrinos fundado en 1993. Conforma este lugar a área recreativa bañada polo río Iso, que conta con mesas e bancos para comer na carballeira.

O Camiño Francés a Compostela pasa pola ponte de estilo gótico tardío, a máis antiga do concello de Arzúa, datada, aproximadamente, no século XII.

Consiste nunha base de cachotaría, cun arco de medio punto de cantaría; a calzada é de granito, froito dunha reforma actual, pois perdeu as lousas de pedra orixinarias; o peitoril é de bastante altura, para as dimensións da ponte, realizado tamén con granito